A Oktoberbike Campelo de BTT conta as horas para a súa terceira edición
Por Redacción
Campelo cítase un ano máis cos afeccionados do ciclismo BTT coa terceira edición da Oktoberbike.
A proba deportiva, que foi presentada este luns no Concello de Poio, centrará o seu percorrido no Monte Castrove pasando tamén polos municipios de Meis e Meaño.
A marcha terá lugar o vindeiro domingo 9 de xuño con saída ás 9:00 horas da Praza da Granxa.
Os participantes poderán escoller entre dúas opcións, completar un roteiro longo de 55 quilómetros ou unha opción reducida con 30 quilómetros de percorrido.
A Asociación Deportiva Cultural Campelo colaborará nesta ocasión con ASANOG (Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia) doando un euro por cada inscrición, que conta cun custo de 11 euros e que pode formalizarse ata o xoves día 6 en www.championchipnorte.com.