Sonia Pariente vence na segunda cita da Copa de España de Tríatlon de Media e Longa Distancia
Por Redacción
Gran resultado o logrado pola pontevedresa Sonia Pariente a fin de semana no Tríatlon de Guadalajara, segunda cita puntuable para a Copa de España de Media e Longa Distancia.
A deportistas do Tri PC Rías Baixas conseguiu a vitoria na carreira feminina, e fíxoo con autoridade.
Pariente aproveitou a ausencia a última hora dunha as máximas favoritas ao primeiro posto, María Pujol. Colocouse líder ao final do sector de natación e sentenciou a carreira no tramo ciclista, no que ampliou a súa vantaxe a máis de 7 minutos con respecto ás súas inmediatas perseguidoras.
Ao final, nunha proba disputada sobre media distancia, Sonia Pariente cruzou a liña de meta cun tempo de 5:02:13, con máis de 10 minutos sobre a segunda praza que ocupou Isabel del Barrio e a terceira de Mónica Falgueras, ambas as dúas do Club Clavería.
O protagonismo galego foi maior no Tríatlon de Guadalajara, xa que na proba masculina impúxose o estradense Cristóbal Dios.