Máis de 1.700 pontevedreses, gladiadores por un día
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Pontevedra celebrou este sábado, por quinto ano consecutivo, a Gladiator Race. A Illa das Esculturas e os seus arredores encheron de valentes de todas as idades, que non dubidaron de encherse de barro e superar os distintos obstáculos preparados ao longo do percorrido.
Máis de 1.700 inscritos na xa tradicional cita, que colmou a cidade de deporte e, sobre todo, de moita diversión. Non só entre os adultos, senón tamén entre os máis pequenos da casa, que puideron gozar dun traxecto adaptado a eles.
A actividade comezou xa pola mañá, cando, preto das 12:00 horas, os competidores de entre 3-12 de menor idade colocáronse na liña de saída. En primeiro lugar, os pequenos (entre 3 e 6 anos), que percorreron un total de 800 metros, e despois os nenos de entre 7 e 12 (1200 metros).
Pola tarde, a partir das 16:00 horas, os adultos tomaron a substitución e comezou o bo. A Gladiator Warrior, con 11 quilómetros e un total de 30 obstáculos, foi o prato forte da xornada, onde os participantes demostraron de que son capaces. Os gañadores foron Manuel Romero cun tempo de 49:46 e Paula Esteiro con 01:08:51. Tamén se preparou unha opción da mesma carreira con menos traxecto (6 km). A continuación, ás 18:00 horas comezou a Gladiator Rocket, con 20 obstáculos e preto de 600 participantes.
Unha xornada de moita diversión na que, ao final, os participantes xa pensaban na próxima edición.
Relacionadas:
-
A Gladiator Race anuncia o seu regreso a Pontevedra para o 4 de xuño de 2022
Por Diego Espiño |
-
A Gladiator Race suspende definitivamente a súa edición de 2020 en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A sexta edición da Gladiator Race, reprogramada para o 10 de outubro
Por Redacción |
-
Suspendida a sexta edición da Gladiator Race, que valora nova data ou "directamente pospoñela a 2021"
Por Redacción |
-
De Pontevedra ao podio do Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos
Por Redacción |
-
A Gladiator Race anuncia novidades para a súa quinta edición en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Gladiator Race terá quinta edición en Pontevedra
Por Redacción |