Pablo Dapena lánzase a pola clasificación para o Mundial Ironman 70.3
Por Diego Espiño
Suíza é a seguinte parada da tempada de Pablo Dapena. Superado con nota uno dos seus principais obxectivos do ano, o Campionato do Mundo de Longa Distancia que se celebrou en Pontevedra e no que conseguiu unha brillante medalla de prata, o triatleta pontevedrés centra agora as súas miras no segundo gran reto do curso, o Mundial Ironman 70.3.
Despois de Pontevedra, Dapena volveu a escena no Challenge de Lisboa subindo de novo ao segundo chanzo do podio. Era unha cita intermedia para recuperar sensacións antes de tentar abordar a clasificación para o Campionato do Mundo de Ironman 70.3 que se celebrará o próximo 8 de setembro en Niza, Francia.
Para estar nesta cita, para a que xa está clasificado Javi Gómez Noya e espéranse grandes nomes como o actual campión Jan Frodeno, Kristian Blummenfelt ou Alistair Brownlee, o pontevedrés debe obter antes pasaporte, e o seu primeiro intento terá lugar o domingo 2 de xuño na localidade suíza de Rapperswil-Jona.
Non será tarefa sinxela, xa que para conseguir a clasificación mundialista Pablo Dapena terá que gañar a carreira, que constará de 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pé con saída ás 7:55 horas da mañá. Ademais na liña de Suíza estará entre outros Ruedi Wild, que lle superou hai poucas semanas en Lisboa.
Será en todo caso o primeiro intento de clasificación, pero non o último, xa que no seu calendario figura tamén o Campionato de Europa 70.3 que se disputará en Suecia o 7 de xullo e que repartirá tres prazas mundialistas.
Relacionadas:
-
Gómez Noya queda fóra do podio do Mundial 70.3 de Niza e Dapena remata décimo quinto
Por Redacción |
-
Gómez Noya e Dapena soben ao segundo e terceiro chanzo do podio do Europeo Ironman 70.3
Por Sofía Lorenzo |
-
Pablo Dapena, clasificado para o Mundial Ironman 70.3 de Niza
Por Sofía Lorenzo |
-
Pablo Dapena segue abonado ao podio ao ser segundo no Challenge de Lisboa
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Pontevedra explota de xúbilo co ouro mundial de Gómez Noya e a prata de Pablo Dapena
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |