Os Xogos Europeos en Minsk, no punto de mira do deporte pontevedrés
Por Diego Espiño
O deporte pontevedrés estará presente nos Xogos Europeos que se celebrarán na localidade bielorrusa de Minsk do 21 ao 30 de xuño.
A pesar de que algún deportista máis podía acudir ao contar con praza, finalmente foron 4 os representantes da comarca que entraron na listaxe definitiva do equipo nacional que deu a coñecer este martes o Comité Olímpico Español.
En piragüismo é onde haberá unha maior presenza pontevedresa, xa que nesta disciplina competirán tres das catro deportistas locais. Trátase de Carolina García (EP Ciudad de Pontevedra), que comptirá no K-2 200 xunto á balear Aida Caterina Bauzá; Natalia García (Breogán do Grove) no K-4 500; e María Pérez (Naútico O Muíño) no C-2 500 metros. Ademais en piragüismo estarán en Minsk outros padeeiros da provincia como o cangués Rodrigo Germade ou o vigués Roi Rodríguez.
Pola súa banda na modalidade de loita olímpica competirá nos Xogos Europeos a pontevedresa Lydia Pérez Touriño, na categoría de 62 quilos.
En total, o equipo español en Minsk estará conformado por 150 deportistas (78 homes e 72 mulleres) que competirán en atletismo, bádminton, baloncesto 3x3, boxeo, ciclismo, fútbol praia, ximnasia, judo, kárate, loita, piragüismo, tenis de mesa, tiro con arco e tiro olímpico.
"Moitos deles competirán pola praza para Tokio 2020", sinalou respecto diso da selección nacional o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez perde o bronce europeo en Minsk no combate de repesca
Por Redacción |
-
Os deportistas pontevedreses finalizan a súa participación nos Xogos Europeos de Minsk
Por Diego Espiño |
-
Reto de altura para o deporte pontevedrés nos Xogos Europeos de Minsk
Por Diego Espiño |
-
O piragüismo pontevedrés confirma o seu bo momento na última xornada do selectivo nacional
Por Redacción |
-
Antía Jácome, Carolina García e Sergio Vallejo, protagonistas da segunda xornada do selectivo nacional en Verducido
Por Redacción |
-
A moldava Mariana Cherdivara elimina a Lydia Pérez no Europeo de Loita
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, fóra das roldas finais do Europeo Sub-23 de loita
Por Diego Espiño |