Carla Goyanes e María Vilas rematan a súa participación no Campionato de Francia
Por Redacción
María Vilas e Carla Goyanes competiron, esta fin de semana, na segunda cita do Campionato de Francia de augas abertas. Despois de que a nadadora pontevedresa, aínda no grupo júnior, cumprise o seu obxectivo, o pasado xoves, na proba de 10 quilómetros: a clasificación para o Europeo Júnior, esta finalizou o tramo de 5 Km na décima oitava posición (01:01:45,22). Así, conseguiu colocarse sétima da categoría.
Pola súa banda, a ribeirense absoluta do Galaico continúa á espera de coñecer a decisión da dirección técnica da Federación Española de Natación acerca de, no seu caso, a posible participación no Mundial. Nesta ocasión, María Vilas logrou finaizar os 5000 metros franceses na décima primeira praza cun tempo de 00:59:48,15 (menos dun minuto por detrás da primeira), posicionándose oitava da categoría. Fíxoo despois da australiana Madisyn Armstrong, que si conseguiu meterse no top 10 da competición. A alemá Leonie Beck fíxose co título de campioa ao finalizar a proba cunha marca de 00:58:01,76.
Oitava e novena terminaron as outras dúas nadadoras do equipo española. En primeiro lugar, Paula Ruíz, que, cun tempo de 00:58:39,17, logra a clasificación directa para o Mundial nos 5 quilómetros. En segunda, María de Valdés, que tivo unha excelente capacidade de reacción tras os seus problemas musculares e, do mesmo xeito que Vilas, queda á espera do criterio da dirección técnica da federación.
Consulta as clasificacións da proba de 5 quilómetros do Campionato de Francia.
Relacionadas:
-
O Galaico pecha o Nacional de Augas Abertas subindo ao podio nas probas por equipos
Por Redacción |
-
Prata para Carla Goyanes no Nacional de augas abertas
Por Sofía Lorenzo |
-
María Vilas gaña o bronce nos 5 quilómetros do Nacional de augas abertas
Por Sofía Lorenzo |
-
O Galaico acudirá con oito nadadores ao Campionato de España de Augas Abertas
Por Redacción |
-
Carla Goyanes clasifícase para o Europeo Júnior de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
Carla Goyanes e María Vilas viaxan a Francia co equipo nacional de natación en augas abertas
Por Redacción |