A ximnasia rítmica cóase na xornada electoral de Marín
Por Redacción
A ximnasia rítmica autonómica ten unha cita o vindeiro domingo 26 de maio en Marín, coincidindo coa xornada electoral, coa fase final do Campionato Galego Nivel Escolar.
O pavillón da Raña será escenario dunha competición que reunirá a 700 ximnastas das catro provincial galegas.
A xornada comezará en horario matinal coas categorías sénior, cadete e infantil, na que están inscritas 330 deportistas.
Pola súa banda en horario de tarde será a quenda das categorías prebenxamín, benxamín e alevín con 370 ximnastas en liza.
O campionato está organizado pola Federación Galega de Ximnasia coa colaboración do Concello de Marín e o Club In Mare.