Satisfacción no Voleibol Pontevedra tras a súa participación no Campionato de España Infantil
Por Redacción
A participación do Club Voleibol Pontevedra no Campionato de España Infantil Feminino saldouse cunha valiosa experiencia e un notable resultado para as pontevedresas.
O equipo do CVP, tras conseguir o título autonómico en abril nunha fase final disputada na casa, no pavillón Multiusos, desprazouse ata As Palmas de Gran Canaria para enfrontarse aos mellores países do país, e fíxoo dando a talla.
As xóvenes xogadoras pontevedresas conseguiron un meritorio 12º posto entre os 30 clubs participantes.
O CVP abriu competición contra unha dos favoritos, o CV Sant Cugat, caendo nun disputado partido por 2-0. Na segunda xornada disputaron os outros dous partidos de grupo gañando por 2-0 ao Ponferrada e perdendo ante o Licenciados Reunidos de Estremadura.
A pesar da segunda derrota, o resultado propiciou o pase a oitavos de final, onde esperaba o Manacor, primeiro do seu grupo con pleno de vitorias e que non deu opción á sorpresa vencendo por 3-0, facendo que entrasen a disputar a fase polo posto 9-16.
O primeiro partido desta fase foi contra o Vall d'Hebrón, cun resultado final de 3-2 para o Club Voleibol Pontevedra, que lles permitía xogar polos postos 9-12. Así, enfrontáronse ao Cajasol Juvasa de Sevilla e pola tarde ao MC San José de Almería, nun partido moi igualado con resultado de 3-2 a favor das almerienses.
Unha gran imaxe a mostrada polo conxunto pontevedrés que lle valerá como experiencia para seguir aprendendo e mellorando o seu nivel no futuro.