Bo papel do Galaico no Campionato de España Open de Augas Abertas
Por Redacción
O Club Natación Galaico regresou do Campionato de España de Natación Open en Augas Abertas nas distancias de 5 e 10 quilómetros despois de protagonizar unha meritoria actuación.
Nas augas de Barcelona Itziar Aranguren logrou o mellor resultado do equipo, proclamándose campioa de España en categoría infantil na proba dos 5 quilómetros, un resultado que a clasifica para o Campionato de Europa que se disputará en Turquía do 24 ao 29 de xuño, tendo que acudir previamente á concentración que realizará a Selección Española.
Por outro lado o Galaico concluíu en cuarto lugar na clasificación por equipos feminina entre un total de 36 equipos nacionais e internacionais.
Os nadadores que representaron a entidade pontevedresa en Barcelona foron Itziar Aranguren, Iria García, Ainhoa Golobardas e Cristian Fernández, ademais do seu adestrador Álvaro Reiriz.