A vitoria ante o Valladolid clasifica o Cisne cadete para a fase final do Campionato de España
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
A fase final do Campionato de España de categoría cadete contará coa presenza do Cisne.
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleu, esta fin de semana, os partidos correspondentes ao grupo A da competición estatal, formado polo Unión Balonmano Pacense, o Atlético Valladolid, Gijón Jovellanos e, por suposto, o cadro cisneísta.
O primeiro choque dos pontevedreses disputouse o pasado venres ante o equipo estremeño. Os primeiros comezaron con bo pé. Apoiados na efectividade de cara a portería de, sobre todo, Diego López e David Fernández (6 goles cada un), sumaron a súa primeira vitoria (32-21), que os colocaba líderes de grupo.
O sábado non tiveron a mesma sorte. Nesta ocasión, tocáballes medirse a Gijón Jovellanos. A pesar do magnífico partido de Carlos Álvarez e Román Arboleya, que marcaron máis da metade dos goles entre os dous (19 de 29), quedaron a un do empate (29-30). Despois da segunda xornada, os xogadores de Óscar Arosa foron desbancados e desprazados á terceira posición.
Só quedaba un. Xogábano todo á última carta ante o Atlético Valladolid, que non encaixara ningunha derrota, polo menos ata ese momento. Aos locais non lles chegaba só con gañar, xa que, tras a segunda vitoria dos madrileños, produciríase un triplo empate e sería o 'gol average' o que determinaría ao finalista. Tendo isto en conta, os galegos saíron, desde o minuto un, impoñendo o seu xogo e distanciándose no electrónico de forma contundente. Un partido impecable do Cisne (44-37), que, liderado de novo por Carlos (14 goles), conseguiría, finalmente, colocalo xa como un dos oito mellores equipos de España.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Carlos Álvarez, convocado cos Hispanos Promesas para xogar o Europeo Open
Por Redacción |
-
O Granollers proclámase en Pontevedra mellor equipo cadete de España ao derrotar ao Zarautz
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Cisne cadete despídese do Nacional coa cabeza alta
Por Redacción |
-
Derrota do Cisne na súa estrea no Campionato de España Cadete
Por Redacción & Nacho Fuentes |
-
Cita coa historia para o Cisne na fase final do Campionato de España Cadete
Por Diego Espiño |
-
Conceden ao Cisne a organización da fase final do Campionato de España Cadete
Por Redacción |
-
O sector do Campionato de España Cadete, todo "un premio" para o Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne, anfitrión dun dos sectores do Campionato de España Cadete
Por Redacción |