Un derbi en Cangas a vida ou morte para o Teucro
Por Diego Espiño
Chega a hora da verdade para a Sociedad Deportiva Teucro. A dúas xornadas para a conclusión da Liga Asobal e a 3 puntos da salvación, o derbi provincial deste sábado (17:00 horas, TVG2) no Gatañal ante o Cangas, o seu principal e xa único rival directo, antóllase como decisivo.
Os da capital teñen as súas contas claras, todo o que non sexa gañar significará certificar de maneira matemática o seu descenso á División de Honra Prata, e no caso de conseguir a vitoria, aínda necesitarían repetir na última xornada contra o Benidorm e que os do Morrazo cedan en Puente Genil. Clave pode resultar tamén o average entre os dous equipos, favorable de momento ao Cangas tras o 28-34 da ida.
"Queremos como mínimo alargarlo una semana más", recoñece Luís Montes, quen cre que vai ser un derbi "durísimo" física e emocionalmente na que é "posiblemente la pista más caliente de la Asobal", e é que o ambiente no Gatañal espérase de gala, como merece a ocasión.
O técnico teucrista cre que outra das claves do duelo será "el equipo que sea capaz de imponer su ritmo", e sobre todo, "que el Cangas no se crezca defensivamente", sinalou.
A mellor noticia para o cadro visitante é que, fóra dos lesionados de longa duración, contará co resto do plantel para o duelo.
O encontro entre Cangas e Teucro será arbitrado pola parella internacional formada por Ignacio García Serradilla e Andreu Marín Lorente, da demarcación territorial catalá.
Relacionadas:
-
O Teucro xa é equipo de Honra Prata ao caer ante o Cangas (25-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Cambio de horario para o dramático derbi entre Cangas e Teucro pola permanencia en Asobal
Por Redacción |
-
Esperada derrota do Teucro ante un Barça que non deu tregua (21-35)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot |
-
O Teucro naufraga ante o Valladolid e complica a súa salvación (38-26)
Por Sofía Lorenzo |