F.C. Porto adxudícase o "XV Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra" ao vencer (3-1) na final ao Benfica
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Gran fin de semana deportivo nos campos sintéticos da Xunqueira. 18 equipos e 56 partidos despois, o "XV Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra", ten novo vencedor. O F.C. Porto proclamouse campión tras impoñerse na gran final por 3-1 ao seu eterno rival, o Benfica, relevando ademais ao conxunto lisboeta, que defendía título, no palmarés.
Como vén sendo habitual, tanto a xornada do sábado como a do domingo foi unha auténtica festa deportiva. Centenares de afeccionados e seguidores de todos os equipos participantes encheron as instalacións da Xunqueira, onde se habilitaron 3 campos, con disputa de partidos simultáneos.
Os participantes, distribuídos en 3 grupos, xogáronse a clasificación para as semifinais, ás que accedían os campións de cada grupo, que foron o F.C. Porto, Benfica e F.C. Barcelona, xunto co mellor segundo, que foi o R. C. Celta de Vigo.
O sorteo emparellou os cataláns co F.C. Porto e ao Benfica co cadro vigués. Contra prognóstico, o F.C. Porto impoñíase ao conxunto azulgrana por 2-0, nun precioso partido no que a Barcelona, que non recibira nin un só gol en contra en todo o campionato, encaixaba os seus dous primeiros goles e quedaba apeado da final.
A segunda semifinal foi dominada polo Benfica, polo mesmo resultado da anterior (2-0), o que levaba ao torneo a unha final portuguesa impedindo a repetición da final da edición anterior, na que o Benfica se impuxera á Barcelona.
Entre os moitos e bos xogadores participantes chamou a atención as calidades do capitán da Barcelona, Arnau, que lucía o número 3 ás súas costas, e que apuntou maneiras de poder chegar moi lonxe no fútbol.
A FINAL FOI PARA O EQUIPO MÁIS EFECTIVO
A gran final, disputada en dous tempos de 15 minutos, comezou con iniciativa no xogo do Benfica, pero en fronte estaba un F.C. Porto moi motivado e acertado no remate que soubo adiantarse pronto no marcador, cun disparo afastado de Abreu, marcando a partir de aí o ritmo que lle interesaba.
Os lisboetas empataban ao pouco de comezar a segunda parte, cun gol de Tomé, pero sen tempo para saborealo, o lateral do F.C. Porto, Riveiro, lograba un golazo cun fenomenal disparo que se coou pola escuadra, e daba de novo a dianteira aos "dragoes".
O Benfica intentou reaccionar, pero os seus ataques víronse freados polo porteiro rival e polos postes, estrelando ata 3 remates na madeira, antes de que Martín, no último suspiro, puxese a sentenza nun bo contraataque, asinando o 3-1 definitivo para o F.C. Porto que se proclamou brillante vencedor.
ENTREGA DE TROFEOS
A A.D. Sagrado Corazón conseguiu o Trofeo á Deportividade
A entrega de trofeos estivo presidida polo Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a quen acompañaban o Concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e a Deputada provincial Ana Isabel Vázquez, ademais doutras autoridades e personalidades do mundo do fútbol e de patrocinadores e colaboradores do torneo, que contou coa impecable organización da E.F. Porteiro 2000 que preside Manolo Sánchez.
CADRO DE HONRA:
PUESTO | EQUIPO |
CAMPIÿN | F.C. PORTO (PORTUGAL) |
SUBCAMPIÿN | S.L. BENFICA (PORTUGAL) |
3º CLASIFICADO | F.C. BARCELONA |
DEPORTIVIDADE | A.D. SAGRADO CORAZÿN |
4º CLASIFICADO | R.C. CELTA DE VIGO |
5º CLASIFICADO | R.C. DEPORTIVO DE A CORUÿA |
6º CLASIFICADO | TAMPA BRASOV (RUMANÍA) |
7º CLASIFICADO | PONTE OURENSE |
8º CLASIFICADO | SALGUEIRIÿOS, C.F. |
9º CLASIFICADO | ATLÿTICO DE MADRID |
10º CLASIFICADO | VICTORIA, C.F. |
11º CLASIFICADO | PABELLÿN, C.F. |
12º CLASIFICADO | RÁPIDO DE BOUZAS |
13º CLASIFICADO | XUVENTUDE OROSO |
14º CLASIFICADO | A.D. SAGRADO CORAZÿN |
15º CLASIFICADO | AROSA, S.C. |
16º CLASIFICADO | CORUXO, F.C. |
17º CLASIFICADO | C.D. LUGO |
18º CLASIFICADO | E.F. PORTERO 2000 |
RESULTADOS:
SÁBADO, 15 DE XUÿO | |||||||
CAMPO 1 | CAMPO 2 | ||||||
Portero 2000 | 0 | Ráp. Bouzas | 0 | Sagrado | 1 | Celta | 3 |
Barcelona | 3 | Victoria | 0 | Atl. Madrid | 3 | Tampa Brasov | 3 |
Coruxo | 0 | Porto | 6 | Ponte Ourense | 5 | Arosa | 1 |
Xuv. Oroso | 2 | Benfica | 4 | Pabellón | 1 | Salgueiriños | 0 |
Deportivo | 4 | Lugo | 1 | Ráp. Bouzas | 3 | Celta | 4 |
Barcelona | 7 | Portero 2000 | 0 | Victoria | 1 | Sagrado | 1 |
Porto | 5 | Atl. Madrid | 0 | Arosa | 0 | Tampa Brasov | 5 |
Ponte Ourense | 2 | Coruxo | 0 | Pabellón | 0 | Benfica | 4 |
Salgueriños | 3 | Deportivo | 4 | Lugo | 0 | Xuv. Oroso | 2 |
Sagrado | 1 | Portero 2000 | 0 | Celta | 1 | Victoria | 0 |
Ráp. Bouzas | 0 | Barcelona | 6 | Tampa Brasov | 3 | Ponte Ourense | 1 |
Coruxo | 0 | Atl. Madrid | 2 | Arosa | 0 | Porto | 9 |
Deportivo | 7 | Pabellón | 0 | Xuv. Oroso | 1 | Salgueiriños | 2 |
Benfica | 9 | Lugo | 0 | Victoria | 2 | Ráp. Bouzas | 0 |
Celta | 2 | Portero 2000 | 0 | Sagrado | 0 | Barcelona | 3 |
Coruxo | 0 | Tampa Brasov | 3 | Arosa | 1 | Atl. Madrid | 0 |
Porto | 2 | Ponte Ourense | 2 | Xuv. Oroso | 2 | Deportivo | 7 |
Lugo | 0 | Pabellón | 0 | Salgueiriños | 0 | Benfica | 7 |
DOMINGO, 16 DE XUÿO | |||||||||||
CAMPO 1 | CAMPO 2 | CAMPO 3 | |||||||||
Salgueiriños | 2 | Lugo | 0 | Ráp.Bouzas | 2 | Sagrado | 0 | Coruxo | 2 | Arosa | 1 |
Benfica | 1 | Deportivo | 0 | Barcelona | 0 | Celta | 0 | Porto | 3 | TampaBrasov | 1 |
Pabellón | 0 | Xuv.Oroso | 0 | Portero2000 | 0 | Victoria | 0 | Atl.Madrid | 1 | PonteOurense | 1 |
Puestos 15 y 16 | Puestos 17 y 18 | ||||||||||
Coruxo | 0 | Arosa | 3 | Portero2000 | 0 | Lugo | 2 | ||||
Semifinal | Semifinal | Puestos 13 y 14 | |||||||||
Barcelona | 0 | Porto | 2 | Benfica | 2 | Celta | 0 | Xuv.Oroso | 3 | Sagrado | 2 |
Puestos 7 y 8 | Puestos 9 y 10 | Puestos 11 y 12 | |||||||||
PonteOuren | 4 | Salgueiriños | 2 | Victoria | 1 | Atl.Madrid | 2 | Ráp.Bouzas | 1 | Pabellón (*) | 1 |
Puestos 3 y 4 | Puestos 5 y 6 | ||||||||||
Barcelona | 2 | Celta | 1 | Deportivo | 2 | TampaBrasov | 1 | ||||
FINAL | |||||||||||
Benfica | 1 | Porto | 3 |