O ABP Sport regresa do Campionato de España de Kick Boxing cun botín de 17 de medallas
Por Redacción
"Contestos polo traballo realizado". Así recoñecen sentirse no ABP Sport tras participar no Campionato de España de Taekwondo.
O club pontevedrés desprazouse ata Guadalaxara para tomar parte na gran competición nacional, na que estaban inscritos máis de 1.000 deportistas de todo o país.
O botín que lograron foi importante, con ata 17 medallas repartidas nas diferentes categorías das modalidades de Kicklight, Lightcontact e Pointfighting.
Desas medallas catro foron de ouro grazas ás actuacións de Eugenia Coll en Lightcontact e Pointfighting, Simón Riqueza en Pointfighting e Carmen Presa en Kicklight, todos eles tres superar tres combates.
Ademais Claudia Coll, Carlos Millos, Jhoan Abadía, Carmen Presa e Javi Galiano subiron ao segundo chanzo do podio, mentres que os bronces chegaron da man de Carmen Lavía, Mila Redondo (2), Alfonso Riqueza, Jhoan Abadía e Simón Riqueza.