Premio á tempada do Pontevedra B, que xogará o seu último partido de liga ante o Portonovo en Pasarón
Por Redacción
A gran tempada do filial é unha das noticias positivas do curso que está a piques de concluír no Pontevedra Club de Fútbol.
O segundo equipo non só certificou catro anos despois o seu ascenso a Rexional Preferente, senón que se meteu na final da Copa Deputación tras eliminar hai escasos días ao Marcón Atlético.
Todo un logro que quixo premiar a directiva granate permitindo ás novas promesas da canteira gozar do seu último partido de liga no Estadio Municipal de Pasarón.
No coliseo pontevedrés disputarase a derradeira xornada do grupo 5 da Primeira Rexional, este venres (19:00 horas) e ante o segundo clasificado, un Portonovo que tamén logrou ascender de categoría e que chega á cita a só dous puntos de distancia do liderado que ocupa o Pontevedra B, polo que o choque decidirá quen se proclama campión de liga.
A entrada a este encontro será de balde para os abonados do Pontevedra, mentres que a o resto do público deberá pagar 5 euros.
Tras este duelo o colofón ao gran ano do filial chegará o luns 22 de maio coa gran final da Copa Deputación, partido que se disputará no campo da Lomba de Vilagarcía contra o vencedor do sector vigués do cadro, é dicir, Pontellas ou Choco que se enfrontarán por tal honra este mércores 15.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B remonta ao Pontellas para levar o título de Copa Deputación (2-1)
Por Redacción |
-
O Portonovo arrebata o título de campión de liga ao Pontevedra B (0-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A negociación para a continuidade de Luismi, aparcada ata o final da liga
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra B cumpre os seus soños de ascenso despois de catro tempadas en Primeira Rexional
Por Sofía Lorenzo |
-
Rivera, tras o espectacular 12-2 do Pontevedra B: "Desde que tengo 10 años no meto 6 goles"
Por Diego Espiño |