O Marcón é derrotado por un rival directo, o Velle, e atrasa a súa permanencia (2-1)
Por Redacción
O Marcón Atlético viaxou esta fin de semana a Ourense para enfrontarse ao Velle. Despois de sumar un só punto en tres xornadas (de nove posibles), aumentou o mala xeira unha máis ao perder en Campo da Aira. Agora, a falta de dous encontros para o final da tempada, posiciónanse décimo cuartos por detrás dos de David Rivo.
Tras unha primeira parte sen goles na que ningún dos dous equipos foi capaz de crear ocasións perigosas ante a portería rival, Adri Varandela adiantou aos locais no marcador catro minutos despois da continuación.
Para desgraza dos pontevedreses, pouco despois, un erro de Santi López en propia porta aumentou a renda dos anfitrións (0-2). A partir dese momento, os do Marcón trataron de recortar distancias e, por suposto, chegar á repartición de puntos. E conseguiron unha das dúas. A falta de dous minutos para o desenlace, Sapi anotou o definitivo 2-1.
Consulta a acta do Velle-Marcón Atlético.
O Villalonga recibiu este domingo ao Estradense. Despois de sumar un punto en dúas xornadas, os locais posiciónanse oitavos para encarar a recta final da tempada. A pesar do resultado (1-0), o choque estivo moi igualado.
Tras unha primeira parte sen goles, foi Diego Álvarez o que, 14 minutos despois da continuación, estableceu o 1-0, dando a vitoria aos seus. Nada puideron facer os do Estradense para conseguir, polo menos, o reparto de puntos.
Consulta a acta do Villalonga-Estradense.
O Xuventú Sanxenxo colocouse, esta fin de semana, oitavo ao derrotar por goleada ao Juvenil de Ponteareas, que, pola súa banda, continúa décimo na táboa.
Foron tres tantos, fronte a ningún visitante, os que lle deron o triunfo aos pontevedreses. Un deles xusto antes do descanso por medio de Adri Freire, que, ademais, repetiu pouco despois da continuación (2-0). Un minuto despois Charles do Vale estableceu o definitivo 3-0.
Consulta a acta do Xuventú Sanxenxo-Juvenil.
O USD do Grove ancórase aos postos de descenso ao perder, este domingo, ante o Mondariz, que, pola súa banda, ten a categoría asegurada a falta de dous partidos para o final da tempada.
Comezaron anotando os visitantes 20 minutos despois do comezo do choque, por medio de Quique Veras. Un minuto despois, os pontevedreses igualaron o marcador cun gol de Pablo Veiga. A partir dese momento, a superioridade foi para os do Mondariz, que comezaron a aumentar, aos poucos a súa renda, ata chegar ao 1-5 no tramo final do envite, cando os do Grove recortaron distancias (90'), cun tanto de penalti de Gabi Díaz, que, con todo, de pouco serviulles.
Consulta a acta do USD de O Grove-Mondariz.
O Beluso sumou, esta fin de semana, a súa segunda vitoria consecutiva ao derrotar ao Antela na Moreira. Desta forma, os bueuenses colócanse sétimos a falta de dúas xornadas para que se termine a tempada.
O partido estivo dominado desde o comezo polos visitantes, que, tan só, dez minutos despois do asubío inicial, puxéronse por diante no marcador por medio de Adri Estévez. E non quedou aí. Pouco despois, Diego Pouseu aumentou a renda (0-2). A partir dese momento, os locais aumentaron a intensidade de xogo para tratar de recortar distancias e irse ao descanso cunha diferenza menor, e así foi. Carlos López estableceu o 1-2. Pero non duraría moito, xa que antes do descanso fixouse o definitivo 1-4 con dous goles máis, o primeiro por medio de, de novo, Adri Estévez, e o segundo grazas a Ricardo Pazos.
Nada puideron facer os anfitrións durante a segunda parte e os de Beluso xa tiñan o partido no peto.
Consulta a acta do Antela-Beluso.
O Juventud Cambados sumou a súa segunda derrota consecutiva, nesta ocasión, ante o Atios no Carballo, colocándose, así, quintos na táboa. Con todo ao seu favor para terminar a tempada xogando fase de ascenso.
A pesar da vitoria dos locais, a igualdade foi o protagonista do encontro. Foros eles os primeiros en anotar, por medio de Diego Olivera no 27'. E non tardaron en aumentar a renda. Foi Pablo Deben o que conseguiu o 2-0. Con todo, xusto antes do descanso, Rubén Cornes logrou recortar distancias, dando oportunidades aos visitantes (2-1).
Coa continuación, houbo aínda máis equilibrio. Juan Sineiro marcou o gol do empate, que daba ás aos de Cambados. Con todo, quedou niso, nunha ilusión, xa que a falta de pouco menos de nove minutos Jonatan López arrebatoulles a gloria, establecendo o 3-2.
Relacionadas:
-
O Marcón, descendido a expensas dun milagroso rebote para salvar a categoría
Por Ramiro Espiño |
-
O Marcón encara a última xornada cun punto máis tras o empate ante o Alertanavia
Por Redacción |
-
O Marcón cae na recta final da tempada ante o colista de Preferente, o Antela (0-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Derbi igualadísimo entre o Grove e o Marcón en Monte da Vila (2-2)
Por Redacción |
-
Durísima derrota do Marcón ante o Moaña no Carrasco (0-5)
Por Redacción |
-
O Sanxenxo pon fin á súa boa racha coa derrota ante o Marcón (0-1)
Por Redacción |