1.500 valentes conquistan os catro picos de Pontevedra
Por Sofía Lorenzo
A quinta edición da 4 Picos Road desenvolveuse, este sábado, con todo ao seu favor para que fose todo un éxito.
A choiva que caeu na cidade durante os días previos, que ocasionou preocupacións no equipo organizativo e de mantemento do traxecto, lonxe de supoñer un problema, terminou por vir ben á proba. O vento fixo o seu traballo na xornada anterior, permitindo que o agarre do mesmo fose perfecto. Ademais, o sol e unha boa temperatura acompañou a todos os ciclistas durante as subidas.
Con respecto ao nivel de participación do pasado ano, nesta ocasión, romperon récords, xa que preto de 1.500 deportistas, chegados de diferentes puntos de España e Portugal, asistiron á cita. Sobre todo, das zonas de Cáceres, Asturias, Cantabria, Sevilla e Madrid.
Unha parte deles, os valentes que optaron por facer o ascenso ás catro montañas que rodean Pontevedra, tomaron saída ás 8:30 horas desde o Recinto Feiral. Percorreron un esixente pero bonito percorrido bañado polas Rías Baixas de 125 Km, polo Monte Castrove, Monte Acibal, A Fracha e Lago de Castiñeiras.
Doutra banda, os que se decantaron polo tramo curto (o ascenso aos dous primeiros picos: o Castrove e o Acibal), colleron a testemuña ás 9:00 horas no mesmo punto.
Despois de varias horas de esforzo, chegaron ao seu destino pensando na próxima edición e gozando da súa paixón común: a bicicleta e, por que non?, a fantástica paisaxe da Ría de Pontevedra.
Consulta as clasificacións da carreira 4 Picos de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Aprazada ata o 12 de setembro a Pontevedra 4 Picos Bike
Por Redacción |
-
A Pontevedra 4 Picos abre inscricións para a súa sexta edición
Por Redacción |
-
O monte está nas mellores condicións para recibir aos 1.500 participantes dos 4 Picos
Por Oskar Viéitez |
-
A quinta edición da Pontevedra 4 Picos contará con 1.500 participantes
Por Redacción |