Esperada derrota do Teucro ante un Barça que non deu tregua (21-35)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot
Contundente derrota do Teucro este venres, no Municipal de Pontevedra, ante o líder de Asobal: o Barça. Despois de sufrir durante os 60 minutos, toca centrarse nos dous cruces definitivos, xa que unha derrota en calquera deles supoñería o descenso a DHP.
Foi Poveda o que, tras cinco minutos sen anotar un gol o conxunto pontevedrés, abriría a lata ante o Barça Lassa. A primeira liña saltou ao campo tras o golpe sufrido por Davor Cutura, que, segundos antes, solicitaría o cambio a Luís Montes, despois dun choque en defensa contra Cédric Sorhaindo (o internacional pivote francés). Isto sería o reflexo dun duro partido ante o campión de Liga. Dificultade enorme para facer gol e máis aínda para frear a solvencia de cara a portería por parte dos cataláns. De feito, chegados ao ecuador da primeira metade, sete eran os goles que os separaban deles (2-9). Con todo, a diferenza podería ser aínda maior se non fóra, unha vez máis, por fantásticas intervencións de Javi Santana. Tanto axudou o canario, que os seus puideron recortar distancias e achegarse no electrónico a pouco do descanso (8-11).
Pero foi un visto e non visto. É moi difícil facer fronte e, sobre todo, aguantarlle o ritmo aos de Pasqui. As súas rápidas transicións, sustentadas nunha defensa moi dura, desgastaron excesivamente aos galegos, que volveron afastarse momentos antes do 30’ (9-15).
Da segunda parte, pouco que comentar. O cansazo fixo efecto nos xogadores locais, o que ocasionou numerosas perdas de balón, posteriores contraataques e un parcial de 0-5 nos tres primeiros minutos (9-20). Diferenza de once tantos, que se mantería practicamente inalterable durante o transcurso da mesma.
O último tramo do encontro foi puro trámite. Finalmente, avultado resultado en contra (21-35).
A próxima semana, derbi no Gatañal, onde ambos os equipos, pero, sobre todo os de Luís Montes, tratarán de salvar a categoría e aferrarse á últma oportunidade coa que contan. Os do Cangas encaran un choque con máis optimismo que os pontevedreses, xa que chegan tres puntos por diante (á espera do partido deste sábado ante o Granollers) e que, ademais, poderán contar coa Marea Azul en casa, afección que a estas alturas de tempada, sempre se volve imprescindible para os seus.
Relacionadas:
-
Sergio Pérez, Fischer e Samu Gómez, preto de pechar o seu novo destino lonxe do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro xa é equipo de Honra Prata ao caer ante o Cangas (25-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Un derbi en Cangas a vida ou morte para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
Cambio de horario para o dramático derbi entre Cangas e Teucro pola permanencia en Asobal
Por Redacción |
-
O Barcelona, un rival "intratable" para un Teucro que terá a vista posta no Cangas
Por Alejandro Espiño |
-
O Teucro naufraga ante o Valladolid e complica a súa salvación (38-26)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Teucro supera o Ciudad Encantada (32-30) e agárrase ás súas opcións de permanencia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro deixa escapar un punto de ouro ante o Alcobendas (28-28)
Por Sofía Lorenzo |