O Club de Tenis organiza un campus de verán para os meses de xullo e agosto
Por Redacción
Actividades deportivas como tenis, nini tenis, padel, bádminton ou tenis de mesa e de animación como o sendeirismo ou orientación mestúranse no campus de verán que organiza o Club de Tenis de Pontevedra.
A actividade, dirixida a nenos entre 5 a 16 anos, prolongarase durante os meses de xullo e agosto con varias opcións a elixir e unha inscrición aberta a todo o que o desexe.
As opcións diferéncianse polas actividades complementarias ao tenis. Todas teñen dúas horas de adestramento diario, ao que se pode sumar unha actividade, dúas ou ningunha.
O campus desenvolverase do 1 ao 31 de xullo e do 1 ao 31 de agosto de luns a venres, cuns grupos que se estruturarán conforme á idade e ao nivel de xogo de cada inscrito.
Os interesados en apuntarse poden recibir máis información nos teléfonos 986 872 981 e 669 707 351.