Teresa Portela e Tono Campos encabezan o equipo galego para o Campionato de Europa de piragüismo en pista
Por Redacción
Oito clubs galegos estarán representados por 16 deportistas no Campionato de Europa de pista que comezará a disputarse este venres en Montemor (Portugal). Galicia aporta ao equipo español máis da metade do seu compoñentes. Os galegos afrontarán un total de dez probas diferentes, tanto na categoría individual como na de barcos de equipo. Este venres terán lugar as roldas previas e as finais disputaranse o sábado e o domingo.
Piragüismo Aldán, Ría de Betanzos, Firrete, Piragüismo Poio, Fluvial de Lugo, Kayak Tudense, Cidade de Pontevedra e Ría de Aldán son os clubs galegos que estarán presentes nunha das citas máis importantes da tempada. Os seus padexeiros buscarán, en varias modalidades, estar no podio, un obxectivo para o que algúns deles pódese considerar como favoritos.
Teresa Portela volve á alta competición logo dos Xogos Olímpicos de Londres. Participará no K-1 200 metros. A padexeira do Ría de Aldán desvela que "logo dun descanso regresei aos adestramentos e atópome moi ben. O Campionato de Europa é unha proba esixente polas rivais, pero teño unha gran ilusión por conseguir unha medalla".
Pola súa banda, Tono Campos, flamante campión de Europa de Maratón, competirá na modalidade de C-1 5.000 metros. O deportista do Ría de Betanzos demostrou que se atopa nun bo momento de forma no Campionato de Europa de maratón que se disputou a pasada fin de semana. Volverá realizar un gran esforzo. A final desta especialidade está prevista para o domingo a última hora da mañá.
A representación galega complétase con outros catorce padexeiros. ÿscar Carreira e Rodrigo Germade estarán no K-4 1.000 metros. Gabriel Campo e Rubén Millán farano no K-2 500. No K-2 200 estarán Carlos Arévalo e Cristian Toro. Diego Romero afrontarán as probas de C-1 1.000 metros e C-1 500 metros. E José Luís Bouza, xunto a David Fernández, competirá en C-2 1.000 e C-2 500. E André Oliveira e Adrián Siero compartirán embarcación no C-2 200.
Na categoría feminina, ademais de Teresa Portela, estarán Tania Fernández no K-4 500, Raquel Rodríguez no C-2 200, e Ana Varela e Carla Pérez no K-2 200.
Varios destes deportistas poden acudir a este Campionato de Europa grazas ao acordo asinado entre a Federación Galega de Piragüismo e a Deputación de Pontevedra, xa que malia lograr as súas prazas nos controis selectivos a Federación Española de Piragüismo consideroulles como 'autofinanciados', o que supoñía afrontar por parte deles mesmos e os seus clubs os gastos de desprazamento e estancia.
O ente federativo galego logrou que cubrir esa necesidade económica tanto para esta competición como para o Campionato de Europa de maratón, xa disputado, e o Campionato do Europa sub-23 que terá lugar a próxima semana en Poznan (Polonia). A achega da Diputación de Pontevedra, tralo cambio nun convenio de subvención, foi de 10.000 euros e da mesma beneficiáronse un total de 19 deportistas.