A Carreira Solidaria Morrazocan chega á súa terceira edición en Bueu
Por Redacción
A Protectora de Animais do Morrazo prepara a que será terceira edición da súa carreira solidaria 'Morrazocan'.
Bueu acollerá un evento que contará con actividades o sábado 11 e o domingo 12 de maio co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre o importante labor da protectora, en especial no que respecta á adopción de mascotas, recadando fondos para o seu funcionamento.
Trátase dunha carreira non competitiva de 3 quilómetros de percorrido que se celebrará o domingo 12, desde as 11:30 horas, con saída no Parque de Chans. Á mesma hora partirá tamén unha andaina canina doutros 3 quilómetros.
Ademais de pechar a xornada con petiscos e sorteo de agasallos entre os participantes, na previa, o sábado 11 pola tarde, organizaranse na zona da Praza de Massó xogos infantís, un desfile de cans e unha charla sobre obediencia canina.
As inscricións, a un prezo de 5 euros, poden formalizarse ata o día 9 de maio na web www.carreirasgalegas.com.