Na procura das futuras estrelas do baloncesto: atópaas!
Por Redacción
Durante máis de tres horas, os balóns voaron pola Avenida de Monteiro Ríos en busca das canastras que se instalaron para que máis de 800 escolares de Pontevedra gozasen do torneo 3 x 3 de baloncesto.
Alumnos dos CEIP Campolongo, Froebel, Vidal Portela, Barcelos, San Benito de Lérez, Calasancias, Doroteas e San José xunto a integrantes da Asociación Virxe da O participaron nesta xornada que busca incentivar o deporte da canastra.
Ademais, a ocasión serviu para felicitar as rapazas que lograron o campionato galego de mini-basket e para que os adestradores do Arxil e do Estudantes observasen a aquelas promesas que poidan ser invitadas a adestrar nalgún dos clubs.
Quen di que desta iniciativa non poidan chegar a xurdir estrelas como Amaya Valdemoro ou Pau Gasol? Atopádeas na galería fotográfica.