O Cisne, anfitrión dun dos sectores do Campionato de España Cadete
Por Redacción
Pontevedra será unha das sedes dos sectores nacionais do Campionato de España Cadete de balonmán.
A Real Federación Española de Balonmán outorgou ao Club Cisne pontevedrés a organización dun dos 8 grupos de competición á que acoden os mellores equipos de cada autonomía.
En xogo estará a clasificación para a fase final do Campionato de España, que conseguirá o campión de cada un dos grupos de competición.
No caso do Cisne, os seus rivais en Pontevedra os días 17, 18 e 19 de maio serán o Gijón Jovellanos, Unión Pacense e Atlético Valladolid.
Tras unha liguiña entre os catro equipos, o vencedor gañará o dereito de competir entre os 8 mellores equipos do país polo título nacional, nunha fase final que se disputará do 29 de maio ao 2 de xuño nunha sede aínda por decidir.