Unha semana atarefada para o Froiz
Por Redacción
Coa vitoria a pasada fin de semana na Clásica de Pascua en Padrón, grazas ao bo facer de Martín Lestido, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz encara agora unha semana de moito trafego, con ata tres competicións importantes.
O equipo pontevedrés deberá afrontar as dúas últimas carreiras da Copa de España Elite e Sub-23, e ademais competirá na Clásica de Aldeas do Xisto en Portugal.
En canto á Copa, o Froiz quere desquitarse cun triunfo parcial que se lle resiste e que rozou no prestixioso Memorial Valenciaga. Para iso volve a escena a que era gran aposta para esta tempada, Jesús Arozamena, que se viu castigado polas lesións.
El será un dos líderes este mércores 1 de maio na LXXXVI edición da Santikutz Klasika G.P. Bertán, na localidade vasca de Legazpi. Un percorrido rompepernas con 150 quilómetros e 8 ascensións puntuables que se adapta ás características dun Froiz que completan Diego Noriega, o seu mellor clasificado na xeral, Diego González, Aaron Mariño, Marcos Navarrete, Guillermo García e Jake Wright.
Tras esta carreira, a Copa de España pecharase este mesmo domingo, 5 de maio, en Alcalá de Henares coa disputa do XXI Gran Premio Macario.
PORTUGAL
En canto á cita portuguesa, o Froiz competirá o día 1 de maio na terceira edición da Clásica de Aldeas do Xisto, unha proba de 154 quilómetros con saída en Pedrogao Pequeno e chegada en alto, en Gondramaz.
Ademais do vencedor en Padrón, Martín Lestido, defenderán á escuadra alimenticia no país luso Abel Franco, Aitor Bugarín, Jesús Pociña, Adrián Barros, Carlos Amil e Jorge Suárez.
Relacionadas:
-
O Froiz arranca en Irún a tempada das voltas ciclistas por etapas
Por Redacción |
-
Bo sabor de boca no Froiz tras medirse con profesionais nas Árdenas
Por Redacción |
-
Diego Noriega roza o triunfo para o Froiz no prestixioso Memorial Valenciaga
Por Redacción |
-
Xornada positiva para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |