O Waterpolo Pontevedra gaña a primeira batalla polo título galego
Por Redacción
A un só paso do título de campión da Liga Galega de Primeira División queda o Waterpolo Pontevedra tras tomar a dianteira na gran final.
A serie, ao mellor de tres partidos, deu comezo a fin de semana en Santiago de Compostela, con triunfo dos pontevedreses por 6-7 ante o CW Santiago, nunha vitoria non exenta de certa épica.
Tras comezar ben o partido e cun primeiro cuarto de igualdade (1-1), os de Javi de Sáa víronse por baixo no marcador ao descanso (4-3).
Por se iso non fose suficiente reto, o porteiro pontevedrés Pablo Seoane abandonaba o partido por lesión, ocupando o seu posto Iago Carabelos, xogador de campo, polo que todo se poñía costa arriba.
Lonxe de vir abaixo, o equipo entregouse ao máximo en defensa cun gran sacrificio físico para loitar polo partido e recuperou o man nun sobresaliente terceiro parcial (4-6) que resultou decisivo a pesar da presión final dos santiagueses.
O segundo partido da final, no que o Pontevedra podería facerse co campionato, xogarase o vindeiro domingo 5 de maio na piscina do CGTD (12:30 horas). En caso de ser necesario un terceiro partido, este disputaríase en Santiago de Compostela o día 25 de maio.
Relacionadas:
-
O CW Pontevedra, de novo campión da Liga Galega de waterpolo
Por Redacción |
-
Puntos de experiencia para a canteira do Waterpolo Pontevedra nos campionatos de España
Por Redacción |
-
Dous xogadores do Waterpolo Pontevedra, de 'máster' co CN Sabadell
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra vence na Coruña e plántase na final da Liga Galega
Por Redacción |