O Tenis de Mesa Monte Porreiro queda sen ascenso á Superdivisión feminina
Por Redacción
O soño de ascenso á máxima categoría feminina do tenis de mesa nacional, a Superdivisión, esfumouse para o TM Monte Porreiro en Reus.
Ata a localidade catalá desprazouse o equipo pontevedrés para tomar parte por segundo ano consecutivo na fase de ascenso, despois de finalizar nun brillante segundo posto na liga regular.
O conxunto formado por María Teresa Nine, Noa Bernárdez e Noelia Santiago competiu a gran nivel e estivo a piques de avanzar nas eliminatorias, caendo con honras.
Fíxoo no seu primeiro enfrontamento, ante o Tennis Taula Tramuntana Figueres, por 4-3 tras ceder no partido de dobres que desempataba o duelo.
Nine deu o primeiro punto ao Visit Pontevedra superando a Laura Ramírez (3-2). Despois o Figueres empataba grazas a Jana Riera, que venceu a Noa Bernárdez (2-3). Noelia Santiago volvía poñer o Monte Porreiro en vantaxe ao gañar a Catalina Miranda (3-1), pero as catalás dábanlle despois a volta con triunfos de Laura Ramírez e Catalina Miranda ante Noelia e Noa.
Todo se decidía pois no dobres, onde Noelia Santiago e María Teresa Nine non tiveron opción caendo por 0-3.
A pesar da derrota, o Tenis de Mesa Monte Porreiro termina o seu camiño na liga con boa nota e pensando xa repetir experiencia na próxima tempada.
Relacionadas:
-
O Monte Porreiro, ante un partido 'a vida ou morte' para a permanencia na Superdivisión
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro continúa sendo colista a pesar da vitoria ante o L'Escala (4-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro dá a talla nos campionatos autonómicos
Por Redacción |