Brillante medalla de prata para Gómez Noya en Bermuda na súa volta ás Series Mundiais
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/997/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cc6d43ecf-190427-bermuda-elitemen-web-msj-011.jpg)
© Janos M.Schmidt / ITU Media
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/225/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cc6d48e48-190427-bermuda-elitemen-web-msj-040.jpg)
© Janos M.Schmidt / ITU Media
Golpe encima da mesa de Javier Gómez Noya no seu regreso ás Series Mundiais, a máxima competición do tríatlon na modalidade olímpica. Se alguén dubidaba que tras un ano afastado da especialidade e centrado na longa distancia non ía ser tan competitivo como antes, equivocábase de pleno.
O campeinísimo galego, con cinco títulos mundiais ITU ás súas costas, revolucionou só coa súa presenza a segunda cita do calendario en Bermuda, convertendo a carreira en trepidante.
Gómez Noya e o vigués Antonio Serrat foron os únicos españois que completaron os 1.500 metros de natación no grupo cabeceiro de 15 unidades que lideraba o francés Vincent Luís e no que tamén estaban Henri Schoeman ou Jonathan Brownlee, entre outros. O maior damnificado, o mallorquino Mario Mola, actual campión mundial e que quedaba cortado.
O ritmo no sector ciclista, con 40 quilómetros por diante, non decaeu grazas ao entendemento e á pelexa por diante, o que agrandaba aínda máis a desvantaxe de Mola ata deixarlle descartado para o triunfo a pesar do seu sempre boa carreira a pé.
Schomburg, que marchou en solitario nos últimos quilómetros de ciclismo, chegou á última transición con 35 segundos. Por detrás Vincent Luís, Van Egdon, Schoeman ou o francés Coninx. Gómez Noya baixábase da bicileta no posto 18 un pouco máis atrasado, pero pronto recortaba distancia.
Tras cazar ao alemán Schomburg, o grupo dianteiro quedaba en cinco unidades, e entre elas estaba un Gómez Noya que ía a por todas. Tratou de atacar ata en dúas ocasións descolgando a Vincent Luís, pero Dorian Coninx contraatacou a falta de 300 metros para impoñerse finalmente no sprint sobre a liña de meta e deixando ao galego cunha brillante e valiosa medalla de prata cun tempo de 1 horas, 50 minutos e 38 segundos, despois de superar a Gustav Iden, que completou o podio.
Un resultado que lle enche de moral ante unha tempada chea de retos que continuará para el dentro dunha semana na casa, en Pontevedra, co Campionato do Mundo de Longa Distancia o vindeiro sábado 4 de maio.
Relacionadas:
-
Gómez Noya apúntase á carreira sprint das Series Mundiais en Montreal e soña co seu sexto título
Por Diego Espiño |
-
Yokohama, segunda parada do ano para Gómez Noya nas Series Mundiais
Por Redacción |
-
Volta ás Series Mundiais para Gómez Noya antes de competir en Pontevedra
Por Redacción |
-
Saleta Castro, Gómez Noya e Pablo Dapena, confirmados no equipo nacional do ITU Multisport Festival
Por Redacción |
-
Noya regresa quinto ao calendario ITU na Copa do Mundo de New Plymouth
Por Sofía Lorenzo |
-
Gómez Noya sobre o ITU Multisport de Pontevedra: "Se este Mundial fose en calquera outro lugar posiblemente non o correría"
Por Diego Espiño |