O Poio Pescamar dá a baixa á brasileira Lidiane Carvalho
Por Redacción
A brasileira Lidiane Carvalho puxo fin antes do previsto e por sorpresa á súa etapa como xogadora do Poio Pescamar.
A futbolista carioca, á-peche de 29 anos, non seguirá na disciplina do club vermello ao chegar a un acordo para a súa baixa federativa.
O club alega falta de adaptación e ao clima para tomar esta decisión.
Lidiane chegara a Poio o pasado mes de xaneiro para reforzar ao equipo no tramo final da tempada, procedente do do Filadelfia Univale de Valadares do seu país. Comprometeuse por esta campaña e outra máis coa entidade conserveira, vinculación que agora quedou extinguida.
A directiva quixo agradecer á xogadora brasileira "o seu comportamento estes meses e a súa achega ao club".
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar xoga con Jessi na portería e vence ao Majadahonda en Madrid (0-1)
Por Redacción |
-
Antía Pérez recibe a alta médica seis meses despois da súa lesión nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción |
-
Igualadísmo partido entre o Leganés e o Poio Pescamar con final feliz para as vermellas (0-1)
Por Sofía Lorenzo |