Deportes, talleres e natureza únense no III Campamento Multideporte da EF Portero 2000
Por Redacción
Coa inscrición a punto de pecharse, o III Campamento Multideporte que organiza a Escuela de Fútbol Portero 2000 ultima os últimos detalles para unha intensa semana de actividades.
O evento, dirixido a nenos de 7 a 15 anos, celebrarase do 30 de xuño ao 6 de xullo nas instalacións deportivas da Xunqueira e no Parque do Casino Mercantil e Industrial, onde os mozos participantes poderán gozar de ata 15 modalidades deportivas, traballo ocupacional en múltiples talleres, xogos de aventura e orientación ou actividades na natureza, como rutas en bicicleta, kaiak, natación ou unha xornada de praia.
Os nenos poderán acudir simplemente ás actividades de día ou permanecer internos, onde tamén participarán en diversos eventos nocturnos. O prezo da inscrición inclúe comidas, traslados e aloxamento no caso de optar polo campamento completo.
Para unha maior información a EF Porteiro 2000 habilitou un blog onde se poden encontrar todos os detalles organizativos: portero2000campamento3.blogspot.com.es.