Ata 70.000 bebidas ao servizo dos deportistas durante o ITU Multisport
Por Redacción
Algunhas das cifras que rodean a celebración dos mundiais de tríatlon na cidade ofrecen unha visión da magnitude do evento.
Así sucede por exemplo coa previsión de unidades de bebida para deportistas, organización e voluntariado que se repartirán durante os 9 días de competición, entre o 27 de abril e o 4 de maio, especialmente durante as carreiras para axudar á hidratación de máis dos 4.000 competidores.
En total dispoñeranse ata 70.000 bebidas, principalmente auga pero tamén bebidas isotónicas, segundo confirmou unha representante de Coca Cola, María Troncoso, durante a firma dun convenio de colaboración co comité organizador do ITU Multisport, representado polo seu presidente, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.
Ademais das propias bebidas, a empresa habilitará durante os mundiais un posto informativo na zona da Alameda e instalará paneis de sensibilización sobre a imporancia da reciclaxe coa intención de que "eses envases acaben no contedor oportuno".
O ALCALDE, CONVENCIDO DO ÉXITO DO MULTISPORT
A poucos días de que comece o ITU Multisport, o alcalde de Pontevedra móstrase convencido de que "vai ser o máis espectacular de todos".
"Eu creo que imos deixar o pavillón altísimo", sinalou Lores, quen asegura non estar nervioso "porque confío na xente que está traballando" e "pensaron en todos os detalles".
Relacionadas:
-
Para a ITU, Pontevedra "vai marcar un punto de inflexión" na organización do Multisport de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
A apertura da Expo do ITU Multisport, paso previo ao comezo dos mundiais de tríatlon
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Conta atrás para os mundiais de tríatlon: así afectarán ao tráfico en Pontevedra
Por Redacción |
-
Deportistas de 54 países participarán en Pontevedra no ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción |