Os equipos cadete e alevín do Cisne, campións do Torneo de Gaia
Por Redacción
Os mozos xogadores de categoría cadete do Cisne participaron esta semana no xa tradicional Torneo de Gaia, ao que acoden os mellores clubes de balonmán de Portugal e tamén dalgunhas zonas de España. Nesta ocasión, os dous equipos da agrupación pontevedresa arrasaron na competición, conseguindo ambos o primeiro posto na mesma.
No caso do conxunto cadete, o seu adestrador, Óscar Arosa, asegura que "é unha competición de gran nivel, onde os nosos xogadores compiten cos mellores equipos de Portugal", ao que engadiu que "teñen moito talento e, sobre todo, chegaron á pista cunha moi boa actitude".
Os pontevedreses xogaron un total de cinco partidos; os dous primeiros de grupo, contra o Alto do Miño e o Almaga (ao que derrotaron os cisneístas cunha renda de 15 goles), e os tres correspondentes con cuartos, semifinal e final. No penúltimo partido medíronse ao Sporting Lisboa, "un dos mellores da competición", segundo o adestrador, cun resultado de 22-28. Finalmente, despois dun último choque moi igualado, no que tiveron que chegar a penaltis, os pontevedreses fixéronse co título de campións.
Tanto os cadetes como os alevíns realizaron un gran traballo e volveron a Pontevedra con dous novos trofeos. Ademais, o Cisne recibiu o premio a Mellor Club do Torneo, José, foi recoñecido como Mellor Porteiro Cadete e Román como Mellor Xogador Alevín. Todo un logro para eles.
Relacionadas:
-
Conceden ao Cisne a organización da fase final do Campionato de España Cadete
Por Redacción |
-
O sector do Campionato de España Cadete, todo "un premio" para o Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne, anfitrión dun dos sectores do Campionato de España Cadete
Por Redacción |
-
A canteira do Cisne tecnifícase por Semana Santa
Por Redacción |
-
O Cisne loita ata o final pero cae no último minuto ante o Villa de Aranda (30-26)
Por Sofía Lorenzo |