Tres días de descanso antes do emocionante sprint final
Por Diego Espiño
Cinco vitorias nas cinco últimas xornadas, 15 puntos de 15 posibles, situaron ao Pontevedra Club de Fútbol por mérito propio nos postos de play- off de ascenso cando cada vez queda menos para o final da liga regular.
Os granates chegaron nun gran estado de forma ao momento decisivo, e tras o esforzo realizado nas últimas semanas gañáron un descanso.
Aproveitando a decisión do club de adiantar o choque ante o Rápido de Bouzas ao Xoves Santo, e tendo en conta que non disputará a próxima xornada ata o domingo 28 (12:00 horas) a domicilio ante o Unión Adarve, o corpo técnico decidiu outorgar ao plantel tres días de 'vacacións'.
Desta forma os futbolistas non regresarán ao traballo ata o luns día 22, nun adestramento previsto no campo de Chan do Monte de Cerponzóns ás 10:30 horas. Será unha semana atípica xa que se cambia o día habitual de descanso ao mércores, adestrando o resto de días, incluído o sábado, cando emprenderán a viaxe á comunidade madrileña.
Con esta decisión, ademais de premiar o esforzo do plantel, preténdese dar un respiro antes do emocionante final de tempada que se presenta, co equipo pelexando por disputar a fase de ascenso á Segunda División.
Nas catro xornadas que restan os de Luismi xogarán tres encontros fóra e só un en Pasarón, empezando por un dobre desprazamento aos campos de Unión Adarve (28 abril) e Las Palmas Atlético (5 maio), para recibir despois en casa o Atlético B (12 de maio) e pechar a liga regular visitando ao Real Madrid Castilla (19 maio).
Relacionadas:
-
O Pontevedra, a continuar a súa xeira positiva no feudo dun necesitado Unión Adarve
Por Diego Espiño |
-
Inoportuna lesión de Kevin Presa, baixa por unha rotura muscular
Por Diego Espiño |
-
A herba sintética, unha dificultade extra para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Viaxe organizada para acompañar o Pontevedra ante o Unión Adarve
Por Redacción |
-
Máis preto do soño. O Pontevedra camiña con paso firme derrotando con autoridade ao Bouzas (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Un calendario que non ofrece respiro
Por Diego Espiño |
-
Suma e segue dun Pontevedra que gaña en Coruxo (0-1) e alcanza postos de play-off
Por Diego Espiño & Diego Torrado |