Desde Ponte Caldelas ao Torneo Infanta Elena de hípica
Por Redacción
O Torneo Infanta Elena de hípica tivo acento pontevedrés, concretamente da Escola do Centro Ecuestre Atlántico de Ponte Caldelas.
Unha das súas alumnas, Candela Suárez, de 12 só anos e natural de Vilagarcía de Arousa, resultou gañadora ante preto de 200 xinetes e amazonas chegados de diferentes puntos de España.
Suárez alzouse co triunfo no torneo madrileño na categoría de 'ponys B', na que amazonas e xinetes saltan obstáculos de 0,80 metros de altura.
Ademais, obtivo varios premios parciais na categoría de 'ponys C' (ata 16 anos e obstáculos de 1,10 metros).
A escola caldelana, dirixida polo xinete pontevedrés Xabi Blanco, conta actualmente con 75 alumnos.