A canteira do Cisne tecnifícase por Semana Santa
Por Redacción
As instalacións da Cidade Infantil de Príncipe Felipe acollen durante os primeiros días da Semana Santa o III Campus de Tecnificación de Categorías Base do Club Cisne Balonmán.
Trátase dunha iniciativa na que o club pontevedrés pretende traballar actividades de mellora da convivencia, coñecemento da entidade e comportamento persoal e social.
Nesta edición son 50 os xóvenes xogadores que participan, acompañados de 9 monitores do Cisne.
En total son tres xornadas de adestramentos, desde o luns e ata este mércores 17 de abril, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Un campus que, esperan no club, axude a mellorar á súa vez o rendemento deportivo das promesas do balonmán pontevedrés.
Relacionadas:
-
O Cisne, anfitrión dun dos sectores do Campionato de España Cadete
Por Redacción |
-
Os equipos cadete e alevín do Cisne, campións do Torneo de Gaia
Por Redacción |
-
Os xuvenís do Cisne quedan ás portas da fase final do Nacional ao perder ante o SAFA
Por Sofía Lorenzo |
-
Recepción con honras á canteira do Club Cisne Balonmán
Por Redacción |