Aarón González regresa á Selección Española de boxeo
Por Redacción
A Selección Española de Boxeo Olímpico volverá contar co marinense Aarón González.
O deportista do Team Thunder foi convocado polo equipo nacional para competir no Torneo Internacional Boxam 2019 que se celebrará en Castelló do 14 ao 19 de maio.
Todo un reconocmiento ao seu traballo e dedicación, que lle levaron a situarse como un dos boxeadores de referencia a pesar de ter que compaxinar a súa carreira deportiva co seu traballo como mestre.
Aarón celebrou este noticia a fin de semana como mellor sabe, competindo nunha velada no Barco de Valdeorras que lle enfrontou ao vasco Iker Fernández, ante o que asinou a súa quinta vitoria consecutiva tras ir de menos a máis e terminar asfixiando ao seu rival cunha intensa presión e ritmo que convenceu aos xuíces.
A fin de semana completouse para o Team Thunder coa súa participación na IV Xornada de Formas de Boxeo Olímpico en Ourense, onde a canteira do club conseguiu un total de 16 medallas.
Relacionadas:
-
Aarón González continúa a súa preparación física na Línea de la Concepción
Por Redacción |
-
Aarón González retoma a competición cunha concentración en Andalucía
Por Redacción |
-
O Team Thunder triunfa e coróase campión da Liga Galega de boxeo
Por Sofía Lorenzo |
-
Zaira Corchero e Aarón González poñen as súas miras no Campionato de España Elite de Boxeo
Por Redacción |
-
A historia do boxeador marinense Aarón González, convertida nun documental
Por Redacción |
-
A Cañota, ata os topes coa Copa Galicia de boxeo
Por Redacción |
-
O boxeo marinense 'tecnifícase'
Por Redacción |