Bueu volverá organizar dous anos despois unha proba do Arena Handball Tour de balonmán praia
Por Redacción
O Arena Handball Tour de balonmán praia regresa a Bueu tras un ano de ausencia.
A praia de Banda do Río acollerá un torneo da categoría Arena 1.000, a máxima a nivel nacional, os días 28, 29 e 30 de xuño, segundo confirmou a Real Federación Española de Balonmán.
Desta forma Bueu regresa ao circuíto nacional tras a súa experiencia en 2016 e 2017, completando un calendario no que tamén aparecen Oropesa do Mar, Orihuela, Cádiz, Valencia, a Copa de España en Torrox e o Campionato de España en Alacante.
O torneo contará cunha nómina de 100 equipos participantes e ata 5 campos de xogo.
As inscricións para participar están xa abertas na web da Federación Española.