O Tenis de Mesa Monte Porreiro continúa sendo colista a pesar da vitoria ante o L'Escala (4-1)
Por Redacción & Diego Torrado
O Visit Pontevedra conseguiu, por fin esta fin de semana, un resultado positivo despois de cinco xornadas consecutivas sen coñecer a vitoria. Nesta ocasión, como local ante o CER L'Escala, oitavo clasificado (coa permanencia asegurada en Superdivisión Masculina). Con todo, a pesar do triunfo, os de Monte Porreiro continúan ancorados á última posición da táboa, pero coa posibilidade de cambiar a súa sorte en función do que fagan nos dous choques que faltan.
Os pontevedreses foron notablemente superiores en case todos os duelos. Fóra de Nacho Fernández, que non foi quen de superar a Diogo dos Santos, gañaron o resto de enfrontamentos.
A primeira quenda foi para Horacio Cifuentes, que derrotou a David González cun esmagador 0-3. A continuación, Galvano fixo o seu ante Sergi Grau, que, pola súa banda, conseguiu rascar un punto (2-1). Despois de Nacho Fernández, que finalizou cun 3-1, volveu á mesa Galvano, que volveu gañar, esta vez a David González. Co 3-1 no marcador, Horacio Cifuentes estableceu o definitivo 4-1 á conta dun Diogo dos Santos que non puido facer nada por recortar distancias.
Relacionadas:
-
O Visit Pontevedra xógase todo á última carta tras gañar ao Borges Grup Vill en Lleida (1-4)
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro queda sen ascenso á Superdivisión feminina
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro cede ante o Arteal e cae á última posición
Por Redacción |
-
O Visit Pontevedra pode regresar ao perigo tras a derrota ante o Vincios (2-4)
Por Redacción & Diego Torrado |