Os xuvenís do Cisne quedan ás portas da fase final do Nacional ao perder ante o SAFA
Por Sofía Lorenzo
O equipo xuvenil do Cisne participou durante esta fin de semana en Madrid no sector nacional clasificatorio para o Campionato de España. Desde o venres, disputou tres partidos, correspondentes coa segunda fase da mencionada cita. Foron o Dominicos Zamora, o Usurbil e o cadro do club organizador, o SAFA os rivais do grupo D dos pontevedreses. Aínda que empezaron ben, os de José Manuel Chan quedaron ás portas de ser unha das oito mellores agrupacións xuvenís do país ao caer ante os anfitrións este domingo.
O primeiro choque tivo lugar o pasado venres ante o Dominicos Zamora (25-25), no que os cisneístas conseguiron sumar un punto, que os colocaba terceiros de grupo (por diante do Usurbil, que perdeu ante os madrileños).
No segundo encontro tiveron máis sorte. Gañaron con autoridade aos vascos, logrando un resultado moi positivo (35-27) que os levaba ata a segunda posición, tan só por detrás do SAFA. E chegou a última xornada, na que os de Chan xogaban todo ante o líder. Soamente a vitoria servía para chegar a coarse no Nacional (unicamente clasifícase o primeiro de cada grupo) e, aínda que estiveron preto en varias ocasións, non lograron superar aos locais (32-24), que non encaixanon ningunha derrota. Aínda co resultado do último partido, os pontevedreses realizaron unha fantástica competición.
Consulta as actas dos tres partidos do Cisne no sector xuvenil.
Relacionadas:
-
O sector do Campionato de España Cadete, todo "un premio" para o Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne, anfitrión dun dos sectores do Campionato de España Cadete
Por Redacción |
-
A canteira do Cisne tecnifícase por Semana Santa
Por Redacción |
-
Recepción con honras á canteira do Club Cisne Balonmán
Por Redacción |
-
Cisne e Teucro, representados na convocatoria da Selección Española Xuvenil
Por Redacción |