Igualadísmo partido entre o Leganés e o Poio Pescamar con final feliz para as vermellas (0-1)
Por Sofía Lorenzo
O Poio Pescamar conseguiu, esta fin de semana en Madrid, volver puntuar despois de dúas xornadas de seca (dúas derrotas ante o líder: o Burela, e o Penya Esplugues). A falta de cinco partidos para o final da tempada, as pontevedresas recompuxéronse e lograron superar ao Leganés, que non goza dunha posición tan privilexiada como a das súas rivais (duodécimas coa metade de puntos), no pavillón La Fortuna. A pesar da ausencia, novamente, de Silvia Aguete na portería, souberon xogar as súas cartas para volver a Pontevedra con tres novos puntos.
O choque comezou moi equilibrado. Ambos os equipos conseguiron crear diversas ocasións de perigo fronte á portería contraria, pero que, con todo, non chegaron a nada. Ante esta situación, Ale de Paz creaba unha muralla na área visitante e Elena Aragón facía o propio na súa. No tramo final da primeira metade, as vermellas reaccionaron tras un tempo morto e tomaron as rendas do xogo, pero tanta foi a igualdade entre madrileñas e pontevedresas ata ese momento, que o partido chegou ao descanso co marcador a ceros.
Coa reanudación, chegou tamén o primeiro e único gol do encontro. Ceci, cun disparo escorado, anotou o 0-1 no 22'. A partir dese momento, as locais trataron de responder, aumentando a intensidade de xogo ofensivo e poñendo a proba a Irene, a guardamenta galega, en varias ocasións. Os últimos minutos caracterizáronse polo continuo intercambio de oportunidades perigosas sobre ambas as porterías. A falta de 2' para a finalización, as pepineras optaban polo xogo de cinco, pero, por desgraza para elas, non serviu para chegar, polo menos, á repartición de puntos, ofrecendo ás de Dani Díaz a vitoria pola mínima.
LEGANÉS (0): Sandra; Patri Montilla, Laura Uña, Elena, Marina (quinteto inicial), Esther Puche, Ampi, Chuli, Saki, Bea e Desi.
POIO PESCAMAR (1): Irene; Jessi, Dani Souza, Ale de Paz, Jenni (quinteto inicial), Ceci, Irne García e Cáro.
Goles: 0-1 Ceci (22').
Árbitros: Carlos Múnez Carpintero e Ignacio del Olmo Martínez, do colexio madrileño, que mostraron cartulina amarela a Marina e Desi, do Leganés.
Incidencias: Partido disputado no pavillón La Fortuna ante máis de 200 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar encaixa unha dolorosa derrota ante o Alcorcón (5-2)
Por Redacción |
-
Desafortunada derrota nos últimos minutos do Poio Pescamar ante o Atlético Navalcarnero (4-5)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar xoga con Jessi na portería e vence ao Majadahonda en Madrid (0-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar dá a baixa á brasileira Lidiane Carvalho
Por Redacción |
-
A falta de Silvia Aguete na portería debilita ao Poio ante o Penya Esplugues (3-5)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Burela mantense firme no seu liderato tras golear ao Poio Pescamar (5-1)
Por Sofía Lorenzo |
-
Tres novos puntos ante o Roldán para un Poio que pelexa polo máis alto (2-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |