Unha proba de obstáculos na praia de Baltar, complemento deportivo á Festa da Raia
Por Redacción
A Festa da Raia de Portonovo completa este ano as súas programación cunha nova proba deportiva que promete non deixar indiferente a ninguén.
Trátase da Raia Race, carreira de obstáculos organizada polo Team Corbelo e o Celtic Box Sanxenxo e que se desenvolverá o sábado 4 de maio, desde as 11:00 horas, na praia de Baltar.
A proba está deseñada para todas as idades, cun percorrido de 3 quilómetros no que haberá que superar ata 10 dificultades.
Algúns deses obstáculos, segundo sinalaron na presentación, pasos por tubo, pasos sobre rodas, ramplas de area con fosos de auga, circuítos de habilidades ou movementos de 'crossfit', entre outros.
A actividade dividirase nunha proba para nenos e nenas de 6 a 9 anos e outra a partir desa idade e para deportistas adultos.
A inscrición para a Raia Race de Portonovo é de balde pero debe formalizarse na web www.cdcorbelo.com/raiarace.