A xornada entre Pontevedra e Rápido de Bouzas, en Xoves Santo
Por Diego Espiño
Semana Santa de paixón e fútbol en Estadio Municipal de Pasarón. Aínda que a actualidade informativa e o foco de atención está aínda no derbi provincial do próximo domingo en Coruxo, a Real Federación Española de Fútbol confirmou os horarios da xornada 34 de competición.
Ese partido, que enfrontará a Pontevedra Club de Fútbol e Rápido de Bouzas adiántase ao xoves 18 de abril, Xoves Santo. Así o ha decicido a directiva granate tras consultalo co seu rival e esperando desta forma que se consiga unha boa entrada no coliseo pontevedrés.
O duelo, último derbi da tempada, disputarase ás 17:00 horas.
Ademais deste partido, o que enfrontará a Real Madrid Castilla e Fabril tamén se xogará o día 18, quedando o resto da xornada para a fin de semana.
ÁLEX GONZÁLEZ MANTENSE COMO DÚBIDA
En canto ao enfretamiento máis inmediato, o de Coruxo, a única dúbida coa que conta Luismi no Pontevedra é a de Álex González, que con problemas musculares no isquiotibial segue traballando a menos ritmo que os seus compañeiros.
"Se va encontrando mejor pero vamos a esperar. Hay que ser precavidos con su lesión", recoñeceu o técnico, que aínda non o descarta. Con todo, todo apunta a que o extremo non forzará pensando no tramo final da tempada.
Relacionadas:
-
Un calendario que non ofrece respiro
Por Diego Espiño |
-
Suma e segue dun Pontevedra que gaña en Coruxo (0-1) e alcanza postos de play-off
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A cuarta vitoria consecutiva do Pontevedra pasa por Coruxo
Por Diego Espiño |
-
Churre, convencido de poder xogar o play-off: "Depende de nosotros"
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' organízase para subir en Coruxo
Por Redacción |
-
Tres puntos para soñar dun enorme Pontevedra ante o Sanse (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |