O Galaico roza as medallas con Bea Gómez e María Vilas no Campionato de España Open
Por Redacción
Ás portas do podio quedou ata en tres ocasiones o Club Natación Galaico na gran cita da tempada da natación española, o Campionato de España Absoluto Open de Primavera celebrado ata este martes na localidade catalá de Sabadell.
En concreto as súas nadadoras olímpicas Bea Gómez, nunha ocasión, e María Vilas en dúas finalizaron na cuarta posición.
Bea Gómez fíxoo na proba dos 200 estilos, nos que marcou un tempo de 2:17.80 na final que lle deixaron a pouco menos de 2 segundos do bronce. A gañadora nesta proba foi Mireia Belmonte (2:14.41) por diante de Catalina Corró e Alba Vázquez, que acabaron co mesmo tempo (2:15.93).
En canto a María Vilas, foi cuarta na primeira xornada de competición nos 800 libre (8:48.38) a case cinco segundos do bronce que conseguiu a deportista do Liceo coruñés María de Valdés (8:43.68), sendo o ouro para Belmonte (8:32.29). Ademais asinou o mesmo posto nos 1.500 libre con 16:42.74 e cun resultado similar, con De Valdés marcando a fronteira do podio (16:38.19) e Mireia Belmonte como vencedora (16:13.20).
A representación do Galaico, con menor fortuna pero sumando unha importante experiencia, completárona Carla Goyanes (400 estilos e 200 bolboreta), Álex Lages (200 e 400 libre, 200 costas e 200 bolboreta) e Bruno Rey (1.500 libre).
Relacionadas:
-
Bea Gómez vuelve a brillar en la piscina
Por Manu Otero |
-
Carla Goyanes clasifícase para o Europeo Júnior de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
Carla Goyanes e María Vilas viaxan a Francia co equipo nacional de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
Quinto título consecutivo do Natación Galaico na División de Honra galega
Por Redacción |
-
O Galaico, na defensa do seu título autonómico
Por Redacción |
-
O Natación Galaico consegue o terceiro posto no Trofeo de Avilés
Por Redacción |
-
O Portamiña lugués, vencedor do Trofeo Promesas do Lérez de natación
Por Redacción |
-
Cinco deportistas representarán o Galaico no Campionato de España Open de Natación
Por Redacción |