Teresa Abelleira celebra a clasificación da Selección Española Sub-19 para o Europeo
Por Redacción
Galicia despediuse este martes da Rolda Elite Sub-19 Feminina, disputada entre os estadios Vero Boquete de Santiago e A Lomba de Vilagarcía de Arousa, e fíxoo coa clasificación da Selección Española para a fase final do Campionato de Europa da categoría que se celebrará o próximo verán en Escocia, na que defenderá título.
Tras as dúas primeiras xornadas, con pleno de puntos para España e Irlanda, todo decidíase no enfrontamento directo entre ambos os combinados en Santiago de Compostela, de novo coa pontevedresa Teresa Abelleira como titular no equipo nacional.
A centrocampista do Deportivo, única galega da convocatoria, demostrou ter a total confianza do seleccionador e foi unha peza clave no equipo, sendo da partida nas tres xornadas e celebrando unha clasificación que espera ábralle as portas de novo dun gran torneo internacional.
España venceu por 3-0 a Irlanda nun duelo no que lle valía o empate pero no que saíu a por todas, dominando e buscando a portería contraria. Así, tras varios achegamentos todo decidiuse preto da media hora de xogo con dous goles de Claudia Pina, chegando a sentenza ao comezo da segunda metade cun tanto en propia meta de Slattery.
No outro partido, pechando a fase en Vilagarcía de Arousa, Hungría e Serbia, xa sen opcións de clasificación, empataron 1-1.
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira estréase na Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
A España de Teresa Abelleira cae en semifinais do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira estará na fase final do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira e Nieves Gamallo, entre as galardoadas nos Premios do Deporte Feminino Galego 2018
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira, protagonista no paso da Selección Española Sub-19 por Galicia
Por Redacción |
-
Irlanda golea a Hungría na estrea da Rolda Elite Sub-19 na Lomba
Por Redacción |
-
Vilagarcía empeza a vivir a Rolda Elite Sub-19
Por Redacción |
-
O seleccionador nacional sub-19 pasa revista aos campos da Lomba e Baltar
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, convocada pola Selección Española Sub-19 para a Rolda Elite que se disputará en Galicia
Por Redacción |