O Waterpolo Pontevedra vence na Coruña e plántase na final da Liga Galega
Por Redacción
O equipo absoluto masculino do Waterpolo Pontevedra pelexará, un ano máis polo título da Liga Galega de Primeira División.
Despois dunha tempada irregular, os de Javi de Sáa deron o seu mellor nivel nas eliminatorias, referendándoo coa vitoria a pasada fin de semana a domicilio ante o CN Coruña (7-11), no terceiro e último duelo dunha semifinal na que tiñan desvantaxe de campo.
Tras gañar o primeiro partido en Pontevedra (14-10) e perder o segundo en Coruña (9-7), o terceiro partido de desempate decidiría que equipo meteríase na final polo título. O duelo non comezou ben para os pontevedreses, encaixando unha parcial inicial de 3-0 nos primeiros 5 minutos de xogo. Pero dous goles de Aarón, que reaparecía tras case catro meses de lesión, en só 40 segundos reducían distancias para finalizar o primeiro cuarto cun 3-2.
Ao comezo do segundo período os locais volvían abrir a brecha poñendo o 4-2 ao seu favor, pero a partir de aquí o CW Pontevedra comezou a mellorar tanto a defensa como o ataque, cun parcial de 0-5, chegando a poñerse 4-7 no terceiro cuarto, unha vantaxe que xa non deixaría escapar.
O rival na final ao mellor de tres encontros será o CW Santiago, reeditando a final da tempada pasada, co primeiro partido en Pontevedra e o segundo e terceiro (se fose necesario) en Santiago en datas aínda por confirmar.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra gaña a primeira batalla polo título galego
Por Redacción |
-
Puntos de experiencia para a canteira do Waterpolo Pontevedra nos campionatos de España
Por Redacción |
-
Dous xogadores do Waterpolo Pontevedra, de 'máster' co CN Sabadell
Por Redacción |
-
A semifinal ligueira entre Waterpolo Pontevedra e Coruña vaise ao terceiro partido
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra golpea primeiro na semifinal polo título galego
Por Redacción |