Éxito na primeira edición da Nocturna Móvete por San Salvador
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Preto de 150 persoas de todas as idades reuníronse durante a tarde deste sábado en Poio para participar na primeira edición da carreira nocturna Móvete por San Salvador. Dita proba forma parte do Circuíto de Carreiras de Poio Móvese, sendo a segunda deste ano tras a Ruta dos Muiños disputada en Samieira a pasada semana.
A diferenza de competicións anteriores, desenvoltas nas inmediacións da Barca, nesta ocasión, os corredores foron ata as parte baixa de San Salvador, onde estaban preparados os diferentes percorridos. Pola súa banda, tanto a saída como a liña de mete estaban situadas no parque de Ankar.
Os primeiros en calzar as zapatillas foron os máis pequenos. A partir das 18:30, primeiro os benxamíns e alevíns e máis tarde os infantís e cadetes, foron os protagonistas. A continuación, ao redor das 19:30, tomaron a substitución os participantes de categoría absoluta, que realizaron un traxecto de 4,1 quilómetros.
Os premiados masculinos do último grupo foron Manuel Lorenzo López (13:45), Rafael Fontes Lubián (13:57) e José Luis Ameneiros Gómez (14:02). No feminino, as primeiras en chegar á meta foron María Ángeles Castro Rosales (15:58), Marisé Astorga Somoza (18:07) e Leticia Alarcón Sabarís (18:16).
O concello de Poio gozou, ao grande, dunha cita que ten todas as papeletas para incluírse de forma permanente no calendario deportivo local.
Consulta os resultados da Primeira Carreira Nocturna Móvete por San Salvador.
Relacionadas:
-
A quinta edición da Carreira Popular Activa Combarro, última cita do circuíto Poio Móvese
Por Redacción |
-
Raxó prepárase para correr 'pola lingua'
Por Redacción |
-
O Maratón de Fátima en Campelo, terceira parada do Circuíto de Carreiras Poio Móvese
Por Redacción |
-
San Salvador apúntase ás carreiras populares
Por Diego Espiño |
-
O bo tempo e o fantástico ambiente, protagonistas da IV Carreira dos Muíños de Poio
Por Sofía Lorenzo |