O Cisne loita ata o final pero cae no último minuto ante o Villa de Aranda (30-26)
Por Sofía Lorenzo
O Cisne chegou esta fin de semana a Burgos coa esperanza de seguir ampliando o seu bo momento, tras dúas vitorias consecutivas e a salvación no peto. Con todo, o Villa de Aranda fixo do pavillón Príncipe de Asturias un fortín, como vén sendo habitual durante esta segunda volta.
A pesar de que a primeira posesión do partido fose para o Cisne, Edu Moledo (ex xogador teucrista), anotou o primeiro gol do encontro. Segundos despois, Álvaro Preciado faría o seu. Comezaba, así, o que sería unha primeira parte moi igualada, onde ningún dos dous conxuntos logaría distanciarse significativamente en ningún momento.
O galego atopou en Ramos o seu mellor arma (fantástico partido do pivote lalinense con 7 tantos). Con todo, cando no 12' puideron coller vantaxe tras dúas exclusións locais, non foron suficientemente contundentes como para poñerse por diante no electrónico. As táboas permanecerían presentes, por tanto, ata a chegada do descanso (14-14).
O comezo do segundo tempo foi lixeiramente negativo para os galegos. Situaríanse 3 tantos por detrás, tras unha exclusión temperá. A pesar diso, Álex Chan (7), botouse o equipo ás costas e non permitiu que os burgaleses se escapasen no marcador.
Resaltar, tamén, a gran actuación de Jorge Villamarín. O novo porteiro do cadro pontevedrés converteuse nun auténtico muro durante todo o choque.
Con todo, non se resolvería o partido ata o último tramo, que foi determinante. Os de Jabato tiveron o empate e, mesmo, a posibilidade de levar os dous puntos ata o último minuto. Con 2 goles de desvantaxe, erraron un sete metros que lles permitiría poñerse a un. Mala sorte que aproveitarían os locais para anotar a continuación e, co encontro xa resolvido, aumentar a renda ata o final (30-26). Resultado algo avultado se nos baseamos no que puido verse sobre a pista.
Os pontevedreses recibirán na próxima xornada (o vindeiro 27 de abril) no CGTD ao Palma del Río, equipo que non termina de distanciarse da parte baixa da táboa (13° posición).
Relacionadas:
-
Vitoria merecida pero insuficiente do Cisne ante o Zamora (27-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne cae ante o Bordils e alónxase do play-off (19-18)
Por Sofía Lorenzo |
-
Vitoria moi traballada do Cisne ante o Palma del Río (29-26)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot |
-
Os equipos cadete e alevín do Cisne, campións do Torneo de Gaia
Por Redacción |
-
Recepción con honras á canteira do Club Cisne Balonmán
Por Redacción |
-
O Cisne gaña ao Antequera e asegura a súa permanencia en División de Honra Prata (22-21)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne recupera o sorriso ante o Santoña e logra un triunfo vital (24-30)
Por Sofía Lorenzo |
-
Outra tarde nefasta leva ao Cisne á ridícula fronte ao Sant Martí Adrianenc (25-32)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |