Duelo directo ante o Sanse para un Pontevedra que quere subir ao tren do play- off
Por Diego Espiño
Novo capítulo da pelexa do Pontevedra Club de Fútbol por manterse na pelexa por entrar na fase de ascenso. Os granates reciben este domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón á UD San Sebastián de los Reyes, sexto clasificado cun punto máis na táboa.
Será pois un duelo clave, que pode supoñer un empuxón de grandes dimensións para os de Luismi tendo en conta o encontro esta semana doutros dous aspirantes como son Cultural Leonesa e Ponferradina, cuarto e quinto.
Sábeo ben o corpo técnico, o plantel e tamén a afección, que será protagonista desde a previa coa xornada popular, con comida e bebida, prevista nos arredores do estadio desde as 12:00 horas.
Manter a fortaleza na casa, onde aínda non perderon esta campaña, antóllase como vital a estas alturas para os pontevedreses, que iso si esperan "un partido equilibrado", recoñece o técnico, no que "va a haber momentos para ellos, momentos para nosotros y se va a decidir por pequeños detalles".
A vixiar será a dupla atacante do Sanse, composta por Perales (14 goles) e Castel (10 goles), que obrigará a "concederles poco porque sabemos que a la mínima van a aprovechar sus ocasiones".
Na casa granate só Pedro Vázquez adestrou durante a semana con problemas, estando o resto do plantel en perfectas condicións e a disposición do seu adestrador, mentres que o cadro madrileño comparecerá en Pasarón coas ausencias por sanción do gardameta Irureta e o centrocampista Carnicer.
Ademais das invitacións para acompañantes de socios, que poderán retirarse ata as 14:00 horas do domingo, as entradas para o público fixáronse nesta ocasión en 20 euros en Tribuna, 12 euros en Preferencia e 8 euros nos fondos.
O colexiado será o cántabro Álvaro López Parra.
Relacionadas:
-
Tres puntos para soñar dun enorme Pontevedra ante o Sanse (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pasarón recibe os afeccionados do Pontevedra no pincho previo partido ante o Sanse
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Os nenos e nenas ingresados no Hospital Provincial reciben a visita de xogadores e adestradores do Pontevedra
Por Redacción |
-
Polbo, churrasco e fútbol para lograr que Pasarón mostre "aspecto de partido importante"
Por Diego Espiño |
-
Promoción para socios e desconto nas entradas para a 'final' do Pontevedra ante o UD Sanse
Por Redacción |
-
A pelexa polo play-off máis apertada das últimas décadas
Por Diego Espiño |
-
David Castro e Edu achegan ao Pontevedra ao play-off á conta do Fabril (0-1)
Por Ramiro Espiño |