A piscina olímpica de Pontemuíños, fiel á súa cita coas 'Promesas do Lérez'
Por Redacción
A piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños acollerá este sábado, día 6 de abril, a XIV edición do Trofeo Internacional Promesas do Lérez organizado polo Club Natación Galaico e a Federación Galega de Natación.
En Pontevedresa daranse cita 15 clubs, dous deles de Portugal, con ata 417 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
"A fórmula de competición é similar á dos campionatos que estes mozos nadadores terán que afrontar nun futuro moi próximo, con sesións eliminatorias pola mañá e finais pola tarde, en piscina de 50 metros, dez cales e cronometraxe electrónica", explicou o director deportivo do Galaico, Diego Pérez.
A xornada contará con dúas sesións, comezando a de mañá ás 10.30 e a de tarde ás 17.00 horas con entrada gratuíta para o público.
O Galaico participará no seu trofeo 60 nadadores e nadadoras.