Teresa Abelleira, protagonista no paso da Selección Española Sub-19 por Galicia
Por Redacción
O paso da Selección Española Sub-19 por Galicia está a contar cunha figura destacada, a pontevedresa Teresa Abelleira, que centra boa parte do protagonismo do combinado nacional.
A centrocampista do RC Deportivo é a única galega na convocatoria do combinado nacional, e segundo sinalou na previa da Rolda Elite Sub-19 que se disputa entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa, "faime moita ilusión estar aquí con España e xogar aquí na miña terra. É un orgullo como galega que Galicia se envorque tanto co fútbol feminino".
Xa no deportivo, Abelleira foi titular xogando todos os minutos na estrea este mércores da Selección Española ante Serbia (2-0), no duelo disputado no Estadio Municipal Verónica Boquete de Santiago e completaba a xornada que inauguraran Irlanda e Hungría na Lomba, en Vilagarcía.
Foi un partido moi cómodo para o combinado dirixido por Pedro López, dominando desde o primeiro minuto. Serbia só tivo unha ocasión, xa no minuto 81. No 34 de xogo Eva Navarro fixo o primeiro gol. Un tanto que facía xustiza e que tivo continuidade seis minutos despois cun gran gol da mesma xogadora despois de recibir un fantástico pase interior.
Tere Abelleira estivo a piques de marcar nun disparo afastado na segunda metade, pero o marcador xa non se movería.
A seguinte xornada do torneo clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría enfrontará o vindeiro sábado a Serbia e Irlanda (13:00 horas) en Vilagarcía e a España con Hungría (18:30 horas) en Santiago de Compostela, ambos os partidos con entrada de balde para o público.
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira estréase na Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira estará na fase final do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira celebra a clasificación da Selección Española Sub-19 para o Europeo
Por Redacción |
-
Irlanda golea a Hungría na estrea da Rolda Elite Sub-19 na Lomba
Por Redacción |
-
Vilagarcía empeza a vivir a Rolda Elite Sub-19
Por Redacción |
-
O seleccionador nacional sub-19 pasa revista aos campos da Lomba e Baltar
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, convocada pola Selección Española Sub-19 para a Rolda Elite que se disputará en Galicia
Por Redacción |