O piragüismo pontevedrés busca en Trasona a clasificación para o Europeo
Por Redacción
Cita importante para o piragüismo pontevedrés durante esta semana en Trasona, Avilés, sede do primeiro control selectivo organizado pola Real Federación Española de Piragüismo.
No encoro asturiano póñense en xogo desde este martes 2 de abril e ata o venres día 5 as prazas no equipo nacional para os Xogos Europeos e as próximas citas da Copa do Mundo.
Iago Monteagudo (Naval de Pontevedra) no K-1 1.000 e Natalia García (Breogán do Grove) e Teresa Portela (UCAM) no K-1 200 eran os primeiros en competir este mesmo martes nas semifinais da súa categoría.
Ademais compite tamén no selectivo Carolina García (E.P. Ciudad de Pontevedra) no kaiak ou o cangués Rodrigo Germade (UCAM).
Tras os controis, a actividade terá continuidade en Trasona durante a fin de semana coa primeira Copa de España da tempada sobre as distancias de 1.000 e 500 metros, onde os clubs pontevedreses volverán ser protagonistas. Esta competición tamén servirá de selectivo para a categoría júnior C-1, posto que o vencedor da proba conseguirá o billete para os campionato de Europa e Mundial da categoría.
Relacionadas:
-
Bo traballo dos padexeiros pontevedreses na Copa do Mundo Sprint de piragüismo en Duisburg
Por Redacción |
-
O Club Naval de Pontevedra e As Torres triunfan no Galego de Inverno de Barra de Miño
Por Redacción |
-
Catro medallas pontevedresas no Campionato de España de Novas Promesas
Por Almu Dapena |
-
Chuvia de medallas para o piragüismo pontevedrés no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |
-
A EP Ciudad de Pontevedra domina xunto ao Náutico Firrete o Galego de Novas Promesas
Por Redacción |