A semifinal ligueira entre Waterpolo Pontevedra e Coruña vaise ao terceiro partido
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra xogarase todo a unha carta para tentar estar un ano máis na final polo título da Primeira División Galega.
O conxunto pontevedrés chegaba ao segundo duelo da semifinal que lle enfronta ao Coruña con vantaxe, pero o cadro herculino fixo valer a súa condición de local para igualar a serie e forzar o desempate, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de abril de novo na cidade herculina.
A pesar de facer un bo esforzo en defensa, encaixando menos goles que no partido de ida, a falta de acerto en ataque decantou o choque para os coruñeses, que foron por diante en todo momento do partido, desde o 2-0 do cuarto inicial.
As vantaxes para os locais foron mesmo de 3 goles de diferenza, chegando 8-5 ao último período, onde o Pontevedra deu un último empuxón para poñerse 8-7 a falta de 2:37. Pero un gol do equipo local a falta de 27 segundos sentenciou o encontro (9-7).
Coa eliminatoria empatada, será decisivo o terceiro e último partido. Na final espera xa rival o CW Santiago.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra vence na Coruña e plántase na final da Liga Galega
Por Redacción |
-
Última competición galega de inverno para o Waterpolo Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
O Waterpolo Pontevedra golpea primeiro na semifinal polo título galego
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra ofrece formación sobre igualdade de xénero no deporte
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra avanza a semifinais da Liga Galega
Por Redacción |